Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Torneo de Minibasket levará a Baiona a máis de 500 deportistas

Dende o 31 de marzo ata o 2 de abril a vila encherase de baloncesto en categoría alevín

Presentación do Torneo de Minibasket en Baiona

Presentación do Torneo de Minibasket en Baiona

Os próximos 1 e 2 de abril o pavillón da vila mariñeira de Baiona acollerá o Torneo de Minibasket que reunirá a 32 equipos de toda Galicia, Portugal e do territorio nacional e que esta mañá presentouse no Salón de Plenos do Concello de Baiona.

Todos os equipos participantes son da categoría alevín, 16 masculinos e 16 femininos.

Xa o venres 31 de marzo pola tarde disputarase o torneo de tiros por parellas, mentres que o sábado 1 de abril celebrarase a fase de grupos, nos que se clasificarán os dous primeiros.

Doutra banda, o domingo, os equipos eliminados xogarán entre eles e os equipos finalistas disputarán os play-offs de eliminación directa. O pavillón municipal acollerá toda unha fin de semana de baloncesto, pois esta disciplina disputarase desde ás 09h00 ata as 22h00 ao longo destes días, 74 partidos en total.

A final masculina será ás 17f00 e a feminina ás 18h00. Xa ás 19h00, terá lugar a entrega de premios.

Á rolda de prensa de presentación celebrada esta mañá asistiron o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, a Concelleira de Deportes de Baiona, Andrea Pérez Gonzáles, Fernando Pérez, Delegado da Federación Galega de Balonceso, Severino Castiñeiras, Presidente do Club Baloncesto Baiona e Manuel Bouzas, Fundador do Club Baloncesto Baiona.

O Alcalde de Baiona agredece “a implicación dos organizadores neste evento que atraerá ata Baiona a máis de 500 deportistas durante esa fin de semana”. Gómez Prado tamén quixo”por en valor o traballo feito ao longo de todos estos anos polo Club Baloncesto Baiona”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir