Sociedad | Actualidad

Rubén Arroxo non muda de idea, oposición total á Rolda Leste

O BNG está disposto a "falar co PP cando queiran", pero non van permitir "que se estrague o gran pulmón verde" da cidade

Rubén Arroxo explica o proxecto da Rolda Leste á que se opoñen firmemente

Rubén Arroxo explica o proxecto da Rolda Leste á que se opoñen firmemente

Lugo

O alcaldable polo BNG, Rubén Arroxo, non muda de idea: rexeitamento total á posta en marcha da Rolda Leste. O proxecto estrela do PP, no que insisten vaise facer con todas as garantías medioambientais, segue a ter en pé de guerra a grupos municipais como é o encabezado por Arroxo.

Mentres que os populares consideran esta como unha maniobra política, Arroxo insiste en que a preocupación do grupo non é outra que "frear un impacto medioambiental brutal".

Os nacionalistas levan recollendo sinaturas dende hai semanas e a resposta, aseguran, é moi positiva por parte dos lucenese "que non entenden o que se quere facer aquí porque nin hai atascos na estrada do miño nin hai tanta poboación como para precisar este enlace", explica.

Arroxo recorda que este proxecto redactouse hai 20 anos, cando se contaba que Lugo medrase a un ritmo que non fixo. "Daquela estimábase que a capital, no 2023, tería 300.000 habitantes. Ben, non chegamos aos 100.00", matiza.

Propoñen que os vinte millóns de euros que se van investir nesta estrutura se leven cara á Tinería. "Dende o BNG o que propoñemos é que ese cartos se invistan en mellorar un barrio cunha vella demanda social como é o da Tinería, que leva esquecido pola Xunta anos", sentencia.

O bloque é positivo de cara a unha marcha atrás do Partido Popular "pois ata que se poñan a andar os traballos é factible frealo".

Ademáis, Rubén Arroxo insiste en que o proxecto no que "tanto empeño teñen é tal porque non coñecen a zoa. De feito convido como xa o fixemos á Conselleira Ethel Vázquez e a candidata do PP por Lugo, Elena Candia, a que veñan pasear por esta marabillosa contorna a ver se manteñen a idea de seguir adiante co proxecto desta estrada".

O BNG móstrase aberto a dialogar. Insiste en que non teñen problema algún en falar e intercambiar opiniós, en escoitar e ser escoitados, pero asegura que non van cambiar de idea porque "o que popoñen é unha auténtica barbaridade para Lugo".

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00