Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Villa de Pitanxo

Bueu homenaxea ás vítimas do "Villa de Pitanxo"

O Peirao de Attilio, no paseo de Pescadoira, será a partir de agora un lugar de memoria

O Concello de Bueu e as familias dos mariñeiros falecidos no buque en Terranova hai pouco máis dun ano organizaron este sábado 18 de marzo un acto de homenaxe no que se descubriu unha placa elaborada para a ocasión e que leva por título “Sempre con nós aínda que sen vós”.

María José de Pazo, voceira das familias, foi a encargada de presentar este acto que decorreu ao mediodía e no que estiveron presentes as familias dos falecidos e desaparecidos no barco, o alcalde, concelleiros e concelleiras da corporación, e outras autoridades como Maica Larriba, Subdelegada do Goberno en Pontevedra, ou Fernando Berride, xefe de Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación, da Consellería do Mar.

De Pazo lembrou a memoria “dos vinteún seres queridos que nos faltan” a aludiu a que “eles formaban un equipo, o que se manifesta na solidariedade que dende o primeiro momento nos une tamén a todas as familias coa loita por seguir a visibilizar o que aconteceu hai un ano”. De Pazo reivindicou que “é necesario respectar a memoria dos falecidos, pois un país mídese por como respecta aos seus mortos”.

A continuación interviron Katia e Lorena Santomé, as fillas de Fernando Santomé, o veciño de Bueu que ía no Villa de Pitanxo. Cunha intervención moi emotiva, ambas compartiron un discurso no que salientaron que “este acto é xusto na véspera do pai, e pensamos que non é casual”, e a continuación agradeceron a todas as persoas porque “esta placa é o símbolo do noso recordo, e coa que tamén agardamos que sexa unha loita pola xustiza e a verdade”.

Coa interpretación de “Lela” e “Negra sombra” a cargo de integrantes da Banda de Música Artística de Bueu, tivo lugar a descuberta da placa por parte do alcalde e da familia de Fernando Santomé, e a ofrenda floral por parte de todas as familias que expresaron así a súa lembranza e cariño polos seus seres queridos.

A homenaxe pechouse coa intervención de Félix Juncal, alcalde da vila bueuesa, quen quixo destacar que “este é un acto pequeno pero importante e necesario, un momento para recordar pero tamén para o recordo”. Juncal aludiu á traxedia persoal despois de sucesos coma estes, pero quixo animar a todas as familias para que “sigades percorrendo o camiño da vida, en compañía do recordo dos seres queridos, imborrable e insubstituíble, para chegar cada un e cada unha de nós ata o final”. O rexedor deu lectura a un poema de Xosé Henrique Rivadulla Corcón que fala das contradicións do mar e que expresa o que supón para as xentes que o habitan, e a música de “Sanctum” foi o broche final.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00