Cooperación, solidariedade e reciclaxe este sábado no Rosal
Traperos de Emaús dará unha conferencia sobre aproveitamento de residuos no salón de plenos

Trabajadora de la asociación Traperos de Emaús

O Rosal
O compromiso ambiental e social son as bases de Traperos de Emaús, unha asociación pioneira en Europa no campo da reutilización e aproveitamento de residuos e que este sábado 25 de marzo falará no Rosal da súa filosofía colectiva e do traballo que están a desenvolver.
Será nunha charla no salón de plenos do Concello a partir das 17:00 horas na que durante a primeira parte do encontro se explicará en que consiste a actividade desta asociación, que “loita por un mundo máis xusto e solidario, facilitando a incorporación laboral a través do traballo de recollida, reutilización e reciclaxe de obxectos que pon á venda nos seus propios rastros”.
Xa a partir das 17:30 horas o público poderá falar por videoconferencia con José Mari García Bresó, fundador deste colectivo no ano 1972 cun fin social e ambiental que prioriza a acollida de persoas con dificultades e que na actualidade conta con máis de 290 compañeiros.
As persoas que non poidan asistir de forma presencial poderán facelo de xeito telemático. O Concello do Rosal informará da vía de conexión á videoconferencia a xornada previa. A conferencia está aberta a todos os públicos e será de balde con entrada libre ata completar aforo.

Marci Varela
Vigo (1987) Presentador habitual de La Ventana Metropolitana y el Hoy por Hoy Baixo Miño. Narrador de...




