Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo MiñoSociedad
Festas de San Telmo 2023

Carlos Blanco, pregoeiro das festas de San Telmo en Tui

A lectura do pregón terá lugar o sábado 8 de abril, ás 12h45, na praza da Inmaculada

Carlos Blanco con Juan Carlos Ortega na emisión de "Transmite la SER" dende Santiago de Compostela. Marzo 2023 / Anxo Iglesias

Carlos Blanco con Juan Carlos Ortega na emisión de "Transmite la SER" dende Santiago de Compostela. Marzo 2023

O pregón das festas de San Telmo 2023 será lido por Carlos Branco o sábado 8 de abril ás 12h45 na praza da Inmaculada.

Carlos Blanco é polifacético: presentador, monologuista, actor… Na súa carreira ten recibido numerosos premios entre os que destacan o Premio Rebulir da Cultura Galega na modalidade de Artes Escénicas, o Premio Mestre Mateo, o Premio da Unión de Actores. Ademais, é un recoñecido activista social, comprometido con diversas causas.

O Concello de Tui convida á cidadanía e visitantes a gozar do pregón das festas de San Telmo 2023, no que Carlos Branco dará inicio ás celebracións coas súas palabras. A cidade de Tui prepárase para vivir unhas festas cheas de alegría, música, baile e tradición entre o 8 e o 17 de abril, nas que ademais xa se van coñecendo diferentes elementos da programación coma os concertos de Rafa Sánchez, de La Unión, e Nena Daconte.

Os dous músicos abrirán as festas de San Telmo o sábado 8 de abril ás 22h00 no Espazo Feiral na rúa Mártires de Sobredo. Estes dous destacados artistas do panorama nacional presentarán un espectáculo musical no primeiro día dos festexos patronais de Tui. A entrada será gratuíta.

Proximamente darase a coñecer o programa completo das festas que se poderá consultar tanto na web municipal tui.gal, na APP Concello de Tui, e nas súas redes sociais.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir