Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A 39ª MIT xa ten cartel

A memoria será o motivo central que guiará esta edición

Cartel da 39ª edición da MIT / Concello

Cartel da 39ª edición da MIT

Ribadavia

A organización da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o Concello presentaban esta semana, aproveitando a conmemoración do Día Mundial do Teatro, a imaxe e a mensaxe da MIT 2023: memoria, cohesión e innovación.

A memoria será o motivo central que guiará esta 39ª edición da MIT. A profesionalización do teatro galego, os debates, os encontros, as posicións diverxentes, a emerxencia da internacionalización, as novas compañías, etc., son asuntos relacionados co teatro e coa cultura que tiveron lugar en Ribadavia, no gran foro do teatro galego, ao longo destes últimos 50 anos. Pero tamén todo o espello do teatro: a memoria social, os cambios, os dereitos, retos, as identidades, os espazos e os feitos. A MIT enfiará un relato que nos permitirá recordar, coñecernos máis, repousar, apostar polo novo dende o (re)coñecemento do pasado.

Apostar tamén polo teatro como factor de cohesión social, de orgullo local na dimensión internacional estratéxica que o festival foi traballando paso a paso, como motor cultural ecolóxico que interpela ós públicos externos e locais en igualdade.

Nese sentido, o deseño gráfico e o cartel desta edición, obra de A&B Comunicación e Deseño, parte dunha fotografía antiga da Praza Maior de Ribadavia, depositada no Museo Etnolóxico, á que se lle foron sobrepoñendo imaxes, miniaturas, cores e texturas da evolución da MIT, dos espectáculos na rúa e nos seus escenarios, algunhas creadoras e creadores que nos fixeron emocionarnos, rir, pensar, soñar e loitar sempre por un teatro sen ataduras.

O cartel é coma o teatro mesmo, un xogo para descubrir sorpresas ocultas, unha mestura coherente, un recoñecemento á diversidade, á tolerancia e á convivencia.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir