"As que limpan", de A Panadaría: a gran vencedora dos María Casares
Levouse 15 dos 16 galardóns, entre eles ao mellor espectáculo, dirección, actriz protagonista para Noelia Castro e texto orixinal


A Coruña
"As que limpan", a obra da Panadaría, foi a gran vencedora dos Premios de Teatro María Casares, cuxa gala se celebrou esta noite no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Levouse 15 dos 16 galardóns, entre eles ao mellor espectáculo, dirección, actriz protagonista para Noelia Castro e texto orixinal.
"O porco de pé", de Producións Teatráis Excéntricas, foi a segunda máis premiadas con tres galardoes á mellor adaptación/tradución a Quico Cadaval e Pepe Sendón, actor secundario a Evaristo Calvo e vestiario. "Ás oito dá tarde, cando morren as nais", do Centro Dramático Galego, conseguiu os correspondentes á mellor dirección de movemento e espazo escénico e "Smoke on the water", de Ibuprofeno Teatro, actor protagonista para Josito Porto e espazo sonoro, e "O deus do pop", de Diego Anido á mellor iluminación e dirección de movemento.
Os María Casares cumpren a súa vixésima sétima edición, baixo a organización da Asociación de Actores e Actrices de Galicia coa colaboración de institucións e entidades como a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), entre outras.
"A nena que vivía nunha caixa de mistos", de Caramuxo Teatro, gañou no apartado de mellor espectáculo infantil e "Xela contra ou Dragón Traga-verbas", na nova categoría de espectáculos de marionetas, obxectos e figuras animadas.




