Redondela ofrece actividades e roteiros de Semana Santa para tódalas idades
O Concello quere pór en valor os seus recursos naturais, culturais e patrimoniais e para iso ofrece actividades e roteiros pensads para todas as idades


A nova oficina de turismo de Redondela, situada na Rúa Queimaliños, lugar estratéxico por situarse en pleno camiño de Santiago, nace coa intención de ofrecer melloras no servizo e atención aos turistas, sobre todo aos Peregrinos. Esta estará aberta a partir deste luns 3 de abril en horario continuado de 11h00 a 19h00 para atender as dúbidas das persoas interesadas nestas actividades e calquera outra oferta turística do municipio.
A oficina foi situada nunha das edificacións máis antigas que se conservan na Vila, datada de 1788 e que foi a primeira Casa do Concello, usada anteriormente como alfolí, lugar onde se almacenaba o sal, cando Redondela era un dos primeiros portos mariñeiros de Galicia.
Dentro das actividades organizadas para a semana Santa, inclúense a actividade coñecida como "A Vila pola Tardiña" que se realizará todos os días da semana para dar a coñecer o patrimonio e a historia de Redondela e para a que só será necesario inscribirse na oficina de Información Turística.
O Concello de Redondela quere continuar promovendo a memoria histórica da Illa de San Simón e San Antón e para iso organiza viaxes subvencionadas o xoves, venres, sábado e domingo, con Saídas desde Cesantes, Meirande e Chapela. Cun prezo reducido de 5 euros.
Tamén continúan os Roteiros de Turismo Mariñeiro dirixidas por Amaturmar. O xoves 6 de abril o concello contará co Roteiro do Choco ás 17h00, o venres 7 co Roteiro do Marisqueo A Pé ás 10h30 e o Sábado 8 co Roteiro do Porto ás 10h30. Todos os roteiros mariñeiros terán un prezo de 3 euros e deberá facerse a correspondente reserva na oficina de Turismo de Redondela.
A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que están contentos de anunciar que “unha das visitas guiadas do Sábado, chamada Arde o Mar, xa está completada e non quedan prazas. Sinal do éxito que teñen ste tipo de iniciativas no municipio.
Por outra banda, o Museo Meirande, amplía ou seu horario habitual e abrirá as súas portas de luns a Domingo de 11h00 á 14h00 e de 15h30 a 19h00. “Para poder ofrecer un bo servizo na tempada máis alta e que esperamos que supere en datos de visitas ao ano pasado. Cabe lembrar que Redondela se converteu nun referente como destino turístico nos últimos anos e pretendemos que siga crecendo”, conclúe Rivas.




