Ocio y cultura

Xan Pampín: “Sansolimón é o que nos sentimos pola nosa tradición”

O último traballo de Ailá presentarase na Arca da Noe o sábado

Ó último traballo de Ailá presentarse na Arca da Noe o sábado

Ourense

Ailá leva o seu último traballo, Sansolimón, a Vilar de Santos. Esta actuación, o sábado 8 de abril ás nove e media da noite, terá lugar na Arca da Noe, que completa así unha programación nesta Semana Santa e que terá o seu previo o venres ás nove e media da noite co concerto Manu New Orelans Band.

Xan Pampín é acordeonista de Ailá e explica que “Sansolimón é o que nos sentimos pola nosa tradición”. Para Ailá as nosas músicas e bailes son protectores de quen os exerce. Sasolimón é o resultado dun traballo que continúa coa senda iniciada co primeiro.

O cuarteto naceu nas noites de foliada da Casa das Crechas en Santiago de Compostela, cidade na que deron o seu primeiro concerto deste Sansolimón.