Mos amplía o espazo de estacionamento en Puxeiros
A zona de aparcadoiro aumenta en 1.250 metros cadrados de superficie e xa está en uso
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Areal, informaron de que xa se pode aparcar na parcela alugada polo Concello para habilitala como aparcadoiro en Puxeiros.
Desde o día 4 de abril os vehículos poden estacionar no terreo cuxo expediente de contratatación, para o devandito aluguer da parcela para estacionamento na Avenida do Rebullón, foi aprobado en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local con data 29 de marzo.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarA parcela alugada ten unha superficie útil de 1.250 m2. A administración local aboará unha cantidade mensual en concepto de aluguer. Para o gasto anual do alugueiro o Concello conta co crédito do importe total contemplado e reservado no orzamento vixente de gastos de 2023. A renda aboarase por anualidade vencida, previa presentación e tramitación da factura correspondente, mediante ingreso na conta corrente que indique a arrendadora.
Á vista da ubicación da parcela e a súa proximidade á Avenida de Puxeiros, onde se concentra o problema do estacionamento de vehículos, tendo en conta as condicións esixidas no expediente respecto da superficie necesaria para o estacionamento, acceso rodado a vía pública e orografía plana, así como a dispoñibilidade dos propietarios para alugar esta parcela por debaixo dos prezos de aluguer da zona, atendendo á valoración dos Servizos Técnicos, decídese alugar por parte do Concello para habilitala como aparcadoiro público gratuíto. Fin para a que se atopa aberta dende o pasado martes 4.




