Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Saneamento

Nigrán completará o empedrado e saneamento do Casco Histórico de Chandebrito

O obxectivo é ampliar o adoquinado co obxectivo de potenciar o valor etnográfico da zona ao tempo que se dota de saneamento

O Concelllo de Nigrán completará o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito co obxectivo de potenciar o valor etnográfico da zona e darlle continuidade aos adoquinados iniciados por vez primeira polo goberno local no ano 2019. Nesta segunda fase, para a que a Deputación de Pontevedra vén de aprobar o investimento de 135.833 € a cargo do Plan Concellos, completarase a rúa Igrexa, Camiño da Pedreira e Camiño Chans.

Igualmente, ademais de substituírse o aglomerado asfáltico por esta solución máis acorde coa contorna, dotarase de saneamento a varias vivendas que aínda non teñen.

A actuación suporá non só unha mellora no mantemento e conservación do firme, senón unha posta en valor dos elementos patrimoniais e etnográficos deste núcleo de aldea tradicional único no municipio, repercutindo nunha gran mellora paisaxística, tal e como se puido comprobar no 2019.

"Trátase dun pavimento que si se adapta á contorna rural do centro de Chandebrito, onde a pedra é o elemento predominante nas edificacións e nos propios muros", sinala o alcalde, Juan González, quen defende a súa "promoción e preservación". A actuación forma parte do plan integral do Concello para recuperar e pór en valor toda a parroquia e, particularmente, a contorna do Castro, onde se prevé realizar unha escavación e musealización completa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00