Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Porriño convida aos seus maiores a unha excursión por Arousa o 29 de abril

O prazo para inscribirse comeza este luns 10 de abril

A concellería da Terceira Idade do Porriño, que dirixe Rosario Costas, abre o luns o prazo de inscrición para unha nova excursión. Desta vez ao Grove e a Ría de Arousa con paso en barco pola ría.

Será o vindeiro 29 de abril e os participantes disfrutarán dunha xornada repleta de actividades. Ás 8h45 partirán cara Arousa onde visitarán a Illa da Toxa, o Monte Siradella e o Sendeiro de Pedras Negras ademais de visitar a vila do Grove e o paseo en barco pola ría. A hora de regreso está prevista entre as 20h30 e as 21 h.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 e será preciso que estean empadroadas no Porriño.

A inscrición abrirase este luns 10 de abril e ata o 24 de abril. Pode formalizarse no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. É unha actividade con prazas limitadas que se cubrirán por orde de inscrición. Máis información: 616 75 55 56.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir