Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Baiona súmase ao reto para aumentar a reciclaxe nos contedores amarelos

"Recicla, únete ao Reto" é a campaña de Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente para fomentar a separación de residuos

Baiona é un dos 11 municipios galegos que participan na campaña “Recicla, únete ao Reto” co obxectivo de mellorar os datos de quilos recolleitos a través do colector amarelo.

Trátase dun reto proposto pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Ecoembes para aumentar a achega ao colector amarelo un 10 % de residuos durante tres meses consecutivos, comparando estas achegas co mesmo período de tempo do ano anterior de cada municipio; é dicir, cada municipio compite consigo mesmo.

Os municipios que consigan mellorar a súa taxa de reciclaxe neste período, recibirán un premio de 1.500 € para investir nunha causa social, a elixir por cada Municipio. Para conseguir o obxectivo marcado, será fundamental motivar á cidadanía informando sobre a importancia de separar correctamente os envases en orixe, para a súa posterior recollida selectiva e reciclaxe, sen depositar impropios en ningún caso.

Desde o pasado 1 de abril ata o 30 de xuño desenvolveranse diferentes accións nos 13 municipios participantes. Xa se están a instalar uns valos publicitarios coa imaxe da campaña en puntos estratéxicos do Concello. Irase informando da campaña en redes sociais e un equipo de 2 promotores visitará distintos puntos de Baiona co fin de tomar contacto co comercio e a hostalería, repartindo e instalando vinilos coa imaxe da campaña en escaparates, repartindo pulseiras de tea e explicando aos cidadáns a campaña e a importancia da reciclaxe no colector amarelo para conseguir o reto.

“Con estas accións de proximidade o Concello de Baiona traballa para xerar un cambio de hábitos na cidadanía e mellorar as cifras da recollida selectiva na localidade. A campaña enmárcase no cambio de modelo de xestión de residuos que promove o consistorio baionés para acadar os obxectivos europeos de recollida selectiva, tender cara ao residuo cero e avanzar cara á economía circular. Este cambio implica a participación activa de toda a cidadanía”, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.

Así pois, o obxectivo é comunicar o gran custo económico, ambiental e sobre a saúde que supón a xestión dos residuos xerados e difundir o cambio de paradigma do novo modelo: os residuos dun proceso son recursos doutro proceso.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir