Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Directo Sigue la comparecencia de Sánchez para anunciar los cambios en el Consejo de Ministros tras la salida de María Jesús Montero

Nigrán creará este verán catro novas zonas de servizos accesibles en Praia América, Panxón e Patos

Remodelaranse e reubicaranse as existentes con novos módulos de aseo inclusivos, zonas de aparcamento ao seu carón, duchas sen bordes e ramplas

O Concello de Nigrán disporá no vindeiro verán de novas zonas de servizos accesibles nas súas principais praias urbanas: Praia América-Lourido, Panxón e Patos.

Con este obxectivo o consistorio asumiu a proposta realizada polo Centro Juan María dentro do programa municipal "Nigrán para Todos"; e consignou inicialmente no pasado pleno 60.000 € para mellorar radicalmente a experiencia dos usuarios con problemas de mobilidade. Igualmente, consignáronse 15.000 € para a redacción do proxecto, que será o que estime a contía final dos cartos para realizar todos estes cambios plantexados.

"Actualmente os módulos de baño e aseo están obsoletos e dispersos en zonas onde ademais hai obstáculos nas ramplas ou no encontro de pavimentos e de entrada ás duchas. Agora se trata de replantexar desde 0 estes lugares, cun proxecto de accesibilidade especificamente elaborado para elo e que, ao mesmo tempo, pretende outorgarlles uniformidade e harmonía coa contorna", explica o alcalde, Juan González, quen incide en que repercutirá, adicionalmente, "na calidade turística e na imaxe da zona".

En concreto, o Concello intervirá nas actuais zonas de Praia América (Lourido e no aparcamento da antiga escola de vela) e en Panxón desprazando estes servizos á altura das pistas de tenis. Finalmente, en Patos o obxectivo é integrar o servizo ao posto de socorrismo.

Todos os aseos e duchas serán substituídos por módulos máis accesibles, establecéndose no punto máis próximo posible zonas de aparcamento reservado, mellorando as ramplas existentes ou eliminando calquera borde para a recollida de augas das duchas.

En todas estas novas zonas manteranse xa na area as ramplas flexibles de poliester reciclado adquiridas o ano pasado polo Concello de Nigrán cun investimento de 17.908 euros e será onde se ubique o material adaptado específico que dispón o Concello (cadeiras anfibias, muletas para a area...).

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir