Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Vespa Velutina

O Concello da Guarda pide a colaboración cidadá para reducir o impacto da vespa velutina

As veciñas e veciños que detecten a presenza destes insectos ou dos seus niños deben chamar ao teléfono 012

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda fan un chamamento á colaboración cidadá nestas datas para detectar e notificar a presenza de niños de vespa velutina no noso municipio.

É de vital importancia esta colaboración nestas datas, xa que dende o mes de febreiro e ata o mes de maio as raíñas fundadoras da vespa velutina saen a formar o niño primario, momento no cal se debe de facer o trampeo por parte da cidadanía, xa que axuda ao control desta especie invasora nesta época.

Por cada raíña velutina collida nestas datas, poderíamos atoparnos cunha redución dun niño menos nos vindeiros meses. A construción dos niños adoita ser en lugares resgardados coma troncos ocos, teitos de uralita, estruturas abandonadas, etc.

A vespa velutina xera un gran impacto na biodiversidade da nosa contorna, debido a súa gran voracidade podería extinguir especies autóctonas, cun grave prexuído para o ecosistema natural.

Pregase a todos os veciños que cando vexan un niño chamen o 012.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00