A Garda Civil imparte unha charla sobre estafas e fraudes a persoas maiores en Mos
A charla será este xoves ás 19h no Multiusos das Pozas con entrada libre e de balde


O concello de Mos imparte este xoves día 13 de abril unha charla informativa sobre os principais tipos de fraudes e estafas ás que se enfrontan as persoas maiores.
O Plan Maior Seguridade non só está dirixido ás persoas maiores senón que, ademais, presta información a profesionais e voluntariado que velan por eles, mellorando a calidade e os recursos cos que contan para a súa protección.
A charla gratuíta celebrarase no Multiusos das Pozas da man da Garda Civil de Mos. Os asistentes á charla tamén poderán resolver as súas dúbidas respecto a como se pode actuar neste tipo de situacións.




