Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

El Concello de Ribadavia ofrece descuentos de un 20 % en libros con motivo del Día del Libro

Esta campaña pretende animar á lectura a todos os veciños e veciñas

Cartel da Semana do libro de Ribadavia

Cartel da Semana do libro de Ribadavia

Ribadavia

Con motivo do Día do Libro, o 23 de abril, Ribadavia celebrará un ano máis a Semana do Libro, unha iniciativa do Concello de Ribadavia que comezou en 2021, con Paula Rodríguez como concelleira, e consiste en descontos do 20% en libros de lectura que se merquen nas librarías do municipio.

Esta campaña pretende animar á lectura a todos os veciños e veciñas investindo en cultura, participando na mesma as tres librerias de Ribadavia.

Este desconto aplicaráselle ao cliente, e non suporá ningún custe para as librarías ou editoriais, xa que este importe será asumido integramente polo Concello de Ribadavia, co obxectivo de contribuír a dinamizar o comercio local e o fomento da lectura entre a poboación.

O desconto do 20% durante esta semana é unha actividade organizada polo Concello de Ribadavia e será aplicable á merca de libros de lectura, ficción, ensaio, banda deseñada, excluíndo revistas, xornais, material escolar e resto de produtos á venda nas propias librarías.

A oferta será acumulable a outras ofertas que poida haber nos propios establecementos. Ao tratarse dunha oferta especial, non se admitirá a devolución dos libros que sexan mercados a través deste desconto.

As librarías de Ribadavia nas que se poderá gozar deste desconto son: Librería Mafranch, Libraría Follas Novas e Libraría Goyma.

Desde o Concello de Ribadavia queremos animar á veciñanza á que participe desta oferta para disfrutar da lectura e dinamizar o comercio local.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir