Sociedad

Ramón Ares: "Estar canso ou cabreado non son razóns para negociar"

O xerente da área Sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña é optimista de cara a chegar a un acordo coa CESM

Ramón Ares, Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, móstrase optimista de cara a chegar acordos co CESM

Lugo

O Xerente da Área Sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña é optimista de cara a chegar a un acordo coa CESM e poñer punto e final á folga indefinida plantexada desde xa hai máis dunha semana na sanidade galega.

Ramón Ares entende parte das peticións dos médicos, pero matiza que "hai cousas que trascenden e afectan non só aos médicos se non ao resto de persoal sanitario".

Un dos puntos cos que menos concorda é a petición de establecer a xornada laboral de 35 horas. Por unha banda, explica, isto implicaría ou "traballar máis ou contratar máis persoal, e o orzamento é finito", polo que invita a "reflexionar como sociedade até onde estamos dispostos a chegar, canto e como queremos gastar".

Dende o CESM aseguran que son os facultativos peor tratados de todo o territorio nacional. Argumentan que a hora de garda estase pagando a 25 euros e os días 24 e 31 de decembro non son festivos, como si o son para o resto de funcionarios do Estado.

O Secretario en Galicia do CESM, Enrique Marro-López, asegura que son os médicos que menos cobran as gardas por hora. "Pedimos que se aumenten a 28 euros, que se pague un complemento por compabilizar os traballos na pública e na privada e que sexan festivos os 24 e o 31 para poder estar entre as mellores cinco Comunidades Autónomas" en canto a condicións laborais.

Marro-Lopez asegura que "os médicos están cansos e dixeron ata aqui despois de termar máis de 12 anos de recortes". Porén, Ares cree que "estar cansos ou cabreados non son razóns para unha negociación". O xerente pide que se matice, que se "sexa máis preciso" para poder chegar a acordos que benficien as partes afectadas e non tirar de "percepcións".

Ramón Ares recorda que unha folga coma esta "os que verdadeiramente perxudica é aos pacientes". Pide perdón polas molestias ocasionadas e asegura que recuperarán ritmos o antes posible para atender as súas necesidades.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo