Hoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
"Historia de mulleres gardesas"

A historia das mulleres singulares da vila continúa debullándose na Guarda

Dúas andainas darán visibilidade a mulleres da vila que destacaron por rachar cos estereotipos do seu tempo

As “Historias de mulleres guardesas” volven á vila da man da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller. Trátase dunha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres que destacaron nas súas diferentes épocas.

Desta volta, e despois do grande éxito que tivo a primeira edición desta actividade no 2022, retómase o mesmo formato con dúas andainas. A primeira terá lugar o venres día 5 de maio entre as 20h30 e as 21h30, saíndo da Praza do Reló. Nela falarase de veciñas da Guarda que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila.

A seguinte andaina terá lugar o domingo día 7 de maio en horario de 10h30 a 13h30 e sairá dende a Alameda da Guarda, con 8km de percorrido e dificultade media. Nesta percorrerase a biografía de mulleres de Salcidos e Camposancos, tendo en conta fundamentalmente os traballos e oficios aos que se adicaban.

As inscricións están xa abertas na Oficina de Turismo da Praza do Reló, chamando ao 986614546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es. As actividades son gratuítas e as prazas limitadas.