La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Prevención del acoso

Arela imparte unha formación contra o acoso escolar no IES de Mos

O tema abordouse a través do programa KTORCE 18 de formación sobre responsabilidades penais dos menores

A concellería de Educación do Concello de Mos e a Asociación Arela impartiron no IES de Mos unha actividade de prevención do acoso escolar e o bullying. Esta actividade está incluída na programación municipal nos centros educativos dentro do horario escolar e vai dirixida ao alumnado de 2º da ESO.

A conflitividade nas aulas e o aumento de condutas conflitivas na adolescencia hoxe en día son os temas sobre os que traballa o programa KTORCE 18, co que se ofrece información das responsabilidades penais dos menores, a cargo da Asociación Arela.

Esta actividade ten un claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes, facendo especial fincapé no acoso escolar, as redes sociais ou o maltrato familiar, así como aqueles temas e situacións que viven de cerca os adolescentes, explicando as consecuencias legais e a responsabilidade dos menores nas mesmas.

Deste xeito promóvese a prevención das condutas infractoras nos menores de idade, facendo especial eco en temas de acoso escolar, maltrato familiar, mal uso das redes sociais… Infórmase á rapazada sobre medidas impostas polos xulgados na comunidade autónoma de Galicia. Promóvese a reflexión e o coñecemento da responsabilidade colectiva en función do tipo de sociedade que se constrúe e o tipo de comportamentos que se desenvolven. E facilítase información sobre as desvantaxes polas que pasa un menor en comparación a un adulto cando comete un delito.

As persoas destinatarias desta formación son o alumnado de 2º ESO do IES de Mos, sendo un total de 124 persoas as beneficiarias desta acción, que consistiu nunha charla divulgativa de carácter dinámico con medios audiovisuais para potenciar a reflexión sobre os diferentes puntos a tratar.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00