Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Última hora Al menos siete muertos y un centenar de heridos tras el descarrilamiento de dos trenes en Adamuz (Córdoba)

Do suspenso de Castelao á enciclopedia francesa, os 178 anos do IES Xelmírez I

O ronsel do Xelmírez, a mostra que repasa a historia do emblemático instituto compostelán

Do suspenso de Castelao á primeira edición da enciclopedia francesa, os 178 anos do IES Xelmírez I

Do suspenso de Castelao á primeira edición da enciclopedia francesa, os 178 anos do IES Xelmírez I

00:00:0014:26
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Santiago de Compostela

Tres anos despois do 175 aniversario do centro, mediatizado pola pandemia, ve a luz a mostra que percorre a historia do Instituto Xelmírez I, considerado un dos seis institutos históricos de Galicia. No Pazo de Fonseca e dividida en dúas partes pretende dar a coñecer como este centro chegou a ser un lugar de referencia na historia da creación cultural galega ao longo dos anos, dende a súa fundación ata a actualidade.

O director do centro, Manuel Portas e o comisario da mostra Paulo Porta, traballo que compartiu coa profesora María Xesús Mascareñas, visitaron o Hoy por Hoy Santiago e contáronnos que "había que recuperar esa memoria histórica". Vimos que "a historia do Xelmírez como paradigma da historia dos institutos históricos está moi ben, pero é que, ademáis, tíñamos un extra, a cantidade de persoeiros moi interesantes que brotaban como fungos en canto mirabas os documentos".

Castelao, Isaac Díaz Pardo ou Manuel Antonio, son algúns dos alumnos que pasaron polas aulas do Xelmírez. Moitos deles formaron despois parte importante da historia da nosa sociedade; das irmandades da fala, do Seminario de Estudos Galegos, ou do partido galeguista. Foron alumnos Montero Ríos, Novoa Santos, Domingo García-Sabell, Pérez Constanti, Amor Ruibal ou mesmo o avó de Mariano Rajoy, Enrique Rajoy Leloup. "Os alumnos as veces dinnos que o listado parece o rueiro de Santiago", cousa ben certa.

As notas de Castelao ocupan dende hai anos un espazo importante na biblioteca histórica do instituto, unhas calificacións nas que se pode ler que o gran intelectual galego suspendeu unha asignatura, preceptiva literaria. "Daquela era un rapaz de doce e trece anos que tomou boa nota", contan entre risas Manuel Portas e Paulo Porta.

A mostra fai un percorrido polos espazos que ocupou o Instituto nestes 178 anos, as leis educativas vixentes no tempo, amosa fotografías de centos de docentes e alumnos, materiais de estudo, aparellos de todo tipo e mesmo o primeiro volume da primeira edición da enciclopedia francesa. Poderá visitarse ata o 10 de xuño.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir