Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Política | Actualidad

O Partido Popular rexeita os ataques ao seu candidato en Cee

Califica as palabras de Valentín González Formoso como "vergoñentas e profundamente desafortunadas"

Cee

O Partido Popular desaproba as palabras do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, durante o acto de presentación da candidata socialista á alcaldía de Cee, Margot Lamela.

Nun duro comunicado, califica de "vergoñentas e profundamente desafortunadas" as manifestacións de Formoso nas que, segundo os populares "descalificaba a traxectoria persoal e profesional" do popular Jesús Picallo "sen máis argumentos que o modelo de coche que conduce e o seu éxito nos negocios".Os populares consideran que González Formoso "traspasou tódalas liñas roxas da cortesía política" ao calificar ao candidato do PP, Jesús Picallo como "Picallo, Picallo ou Picarallo".

Nesa mesma nota de prensa, o propio Jesús Picallo resposta ao presidente da Deputación lembrando que "Formoso leva 20 anos en coche oficial e non sabe o que é mercar un coche". Ademáis, lembrou que os establecementos hoteleiros que rexenta foron "obtidas en concellos que goberna o PSOE" e que a adxudicación do Faro de Lariño chegara directamente dende o goberno central.

A resposta do candidato popular non quedou aí, sinalndao "a cara que ten o presidente da Deputación de vir a Cee a poñerse medallas cando este foi o Concello con menos inversión" do ente provincial. "Cun orzamento de douscentos e pico millóns, a cee non lle dou nin o 0,3%" afirmou Picallo.