Hoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Degustación

A campaña “Galicia sabe aMar” recala na Guarda os días 28 e 29 de abril

O venres 28 e sábado 29 de abril na Praza de Avelino Vicente da Guarda

O venres 28 e sábado 29 de abril estará instalada unha furgoneta na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) na que se ofrecerán petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11:30 a 14:00 e na quenda de tarde entre as 16:30 e as 20:00h.

A Xunta de Galicia puxo en marcha esta iniciativa que percorrerá 260 municipios de España vencellados ao Camiño de Santiago e na que se servirán unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade de recursos mariños da comunidade.