Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ataque Escampe preséntanos Cabalgata "o seu mellor disco"

A presentación en directo será este sábado na Sala Capitol de Santiago

Ataque Escampe nos presenta Cabalgata

Ataque Escampe nos presenta Cabalgata

00:00:0013:15
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Xa está de volta a banda compostelá Ataque Escampe que este sábado 29 de abril presentará o seu novo disco, "Cabalgata", en Santiago. En 2018, na última remodelación da banda, gravaron o EP "A alma". Despois veu a pandemia e apenas tiveron tempo de facer uns poucos concertos. Por iso, o LP fíxose agardar ata este momento. "O traballo foi lento, creando entre todos a armazón das cancións con estímulos musicais previos, deixámonos levar no proceso de creación con moita improvisación, é o noso mellor disco", conta o cantante, Alex Charlón, no seu regreso á formación da que estivo ausente entre 2015 e 2019.

No seu paso polo Hoy por Hoy Santiago, Alex, Cibrán e Samuel explicaron que as cancións son moi distintas entre si, "hai moitos xéneros e temáticas, a vulnerabilidade nas relacións é unha delas". Os cinco integrantes da banda participaron en todas as cancións. "Para as maquetas, antes de entrar no estudio, cada un responsabilizouse de dous temas, así era máis doado porque, cando empezamos, a mobilidade aínda non estaba aberta ao 100% debido á pandemia. No disco ten un peso especial a colaboración da violinista e vocalista Antía Ameixeiras que canta en varios temas; "é unha pro, nunha vertente pop nova para ela", alabou Alex.

O concerto deste sábado vai ser singular; contarán coa colaboración de parte da banda municipal de Lalín que xa participara no video clip dun dos temas, Lamborghini, "imos empezar cun pasarrúas que partirá do pub Medusa, na zona vella, ata a Capitol".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir