Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Programa "Vive o Minho"

Éxito da "Andaina Popular, Vive o Minho"

A actividade, organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración de Ser Baixo Miño, acadou os cen participantes

"Vive o Minho" | Salvador García. SER Baixo Miño

A Deputación de Pontevedra organizou o pasado domingo 30, a través da área de Cooperación Transfronteiriza, unha andaina saudable dentro da programación de "Vive o Minho" na súa edición deste 2023.

Esta primeira "Andaina Popular, Vive o Minho" estivo organizada por SER Baixo Miño e a Deputación de Pontevedra, co apoio de INTERREG (Fondo Europeo de Desarrollo Regional), AECT Río Minho e CIM Alto Minho.

Así, ás dez e media da mañá, na praza da Igrexa de San Cristovo de Goián, en Tomiño, concentrábanse as cen persoas inscritas, chegadas de concellos como: O Porriño, Vigo, Valga, O Carballiño, Mos ou Baiona para participar desta iniciativa ao aire libre.

Trasladados ao punto de saida en Lanhelas, Vila Nova de Cerveira, fíxoselles entrega dun obsequio a todos e cada un dos participantes. Dende alí, ás once e cuarto da mañá, comezaba esta andaina que percorría ás praias, illas fluviais, fortalezas, viñedos e campos de cultivo de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, que forman parte da Rede Natura 2000.

Ás dúas e media da tarde remataba esta andaina que "foi unha maravillosa experiencia" en palabras das persoas participantes.

Lo más

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00