Tarambana espectáculos cocina a súa paella en Ártika
Dúas sesións esta fin de semana
Un momento da representación.
Vigo
Tarambana Teatro representa a súa obra Paella esta fin de semana na Sala Ártika, o sábado 13 o ás 20:00h e o domingo 14 ás 20:00h. Paella é unha comedia de autor onde o que realmente conta é o feito teatral a través da mestura de linguaxes escénicas, cunha aparente ausencia de trama e unha combinación de temas: igualdade de xénero, conflitos persoais, laborais, culturais, existenciais…
Un espectáculo contemporáneo en clave de humor cun pulso trepidante que nos impide baixar do escenario ata que cae o pano.
Amparo e Federico son unha parella en crise, aínda que eles mesmos non o saben, que traballan na mesma empresa. Un día deciden invitar a comer unha paella a algúns compañeiros de traballo entre os que se atopa Bruno, ao que queren presentarlle un proxecto empresarial co que cren que poderán escalar profesionalmente (e económicamente) na empresa. Sen embargo, a paella suporá un momento crucial nas súas vidas: Amparo é ascendida e, tras separarse de Federico, que é incapaz de aceptar a situación, despídeo. Un punto de inflexión que leva a descubrirnos que aos que vemos en escena ademáis de Amparo e Federico son tamén os actores que os interpretan. E que, no teatro, como na vida, os límites entre o real e o imaxinado son tan débiles que un e outro confúndense nunha voráxine tráxicamente burlesca.
María Díaz
Responsable de los Informativos Matinales de...Responsable de los Informativos Matinales de Radio Vigo. En la actualidad presenta también el programa Plató Abierto de Televigo. Licenciada en Periodismo por la Facultat de Ciències de la Comunicació de la Universitat Ramon Llull, ha trabajado también en prensa escrita y revistas culturales.