Valentín García: “Cremos que cada día temos unha xuventude máis coincienciada en falar a nosa lingua propia”.
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia anuncia na Cadena SER que antes de que remate o ano haberá varias ferramentas de Intelixencia Artificial ao servizo do galego.
Entrevista a Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
12:32
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1684074978140/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Santiago de Compostela
Valentín García afirma que estamos ante a xeneración con maís competencias para ler, escribir e falar o galego, o problema, que non é so do galego, é que no ámbito urbano a mocidade fala castelán. O despoboamento do rural “xoga” na contra do galego. O secretario xeral cre que unha posible solución está na sociabilización en galego nos ambitos cotiáns: actividades deportivas, de lecer, familiar, nos patios dos colexios... O efecto Tanxugueiras tivo e ten unha enorme repercusión no fomento do uso do galego.
O Proxecto Nós, proxecto que pretende dotar de ferramentas tecnolóxicas baseados na Intelixencia Artificial, contará antes de que remate o ano cun traductor galego con tecnoloxía neuronal e dun conversor de texto a voz. “Este vai ser un cambio moi grande no ámbito da lingua galega e ese tren temos que collelo, este ano teremos resultados”.
Sobre Francisco Fernández del Riego, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2023, Valentín García quixo suliñar que a puxanza do sector editorial galego ten unha débeda con persoas como Fernández del Riego “É un constructor, un arquitecto da estructura cultural galega” “Foi un titán da nosa cultura e mesmo foi o pai da celebración do Día das Letras Galegas que se celebra dende 1963”.
Dicía Francisco Fernández del Riego: “Soñar cun futuro mellor para o nosa lingua”.