Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Política | Actualidad
Eleccións municipais

O Centro de día, o Hospital e a economía ocuparon gran parte do tempo do debate de Cee

O martes debaterán os candidatos á alcaldía de Carnota

Os candidatos á alcaldía de cee debateron este luns en Radio Nordés. A candidata socialista e actual alcaldesa, Margot Lamela, empezou destacando a importante actividade con 18 millóns de inversión e a axilidade do seu goberno para aproveitar subvencións de distintas administracións. O resto de candidatos acusárona de mala xestora, de falta de cintura política, de non dialogar cunha oposición que lle deu apoio nos asuntos importantes e de nula capacidade para encaixar as críticas.”

Un dos asuntos que ocupou máis tempo ao longo do debate foi o de benestar onde os candidatos estiveron de acordo na necesidade dun centro de día para o concello, pero discreparon en como ou onde. Neste punto o candidato do BNG Serxio Domínguez amosouse partidario de abrir primeiro o de Corcubión e o de Unión cidadá galega, Víctor Somoza, a partidario dun sistema mixto, centro de día e xeriátrico.

A situación da sanidade tamén xurdiu no debate con distintas opinións por parte dos candidatos, Margort Lamela acusou á xunta de non limpar a fachada do hospital, insinuando que o candidato popular Jesús Picallo estaba tras ese retraso. Picallo prometeu a ampliación de servizos no Virxe da Xunqueira e Serxio Domínguez culpou á administración autonómica de desmantelar o hospital comarcal. Pola súa banda Víctor Somoza acusou de electoralista a chegada de pediatra ao concello poñendo en dúbida que continue unha vez pasen as eleccións e Pilar Iglesias fixo fincapé na necesidade de que a Xunta asuma os gastos xerados no Centro de Saúde.

No ámbito económico o debate trouxo propostas para dinamizar o comercio, con cruce de acusacións entre Picallo e Lamela sobre a situación do Centro Comercial, discrepancias sobre como mellorar o mercado municipal, propostas para incrementar a actividade no polígono e no porto como a necesidade de acometer unha circunvalación cara Brens ou a humanización das principais avenidas da capital do concellos, tamén se falou de obras e melloras no resto de parroquias, así como a necesidade de ter un PXOM.

Non faltaron propostas para o sector turístico como a necesidade de ter ciclos de FP dual que facilite a formación nun sector en crecemento ou as críticas á situación da praia de Estorde e a necesidade do saneamento integral da ría.

En canto á posibilidade de pactos, Lamela asegurou que o seu pacto é co pobo de Cee, Picallo indicou que terán cintura se é preciso, Iglesias amosouse aberta a chegar a acordos, Domínguez prefire non falar de pactos aínda e Somoza si, pero con varias liñas vermellas.

O debate xa se pode ver na canle de YouTube de Radio Nordés e escoitar dende RadioNordés.com.

O martes debaterán os candidatos á alcaldía de Carnota.