La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Exposición Literaria

A mostra "Nasín cando as prantas nasen" sobre o Herbolario de Rosalía de Castro percorrerá seis comarcas da provincia

A exposición percorrerá Ponte Caldelas e seguirá por Agolada, Ponteareas, O Rosal, Redondela, Ribadumia, As Neves, Moaña e Tomiño

O Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra, dentro da súa programación anual sobre Rosalía de Castro, levará a mostra "Nasín cando as prantas nasen", o herbario de Rosalía, con imaxes de plantas e flores moi vencelladas á obra da autora, a seis comarcas da provincia ata final de ano.

A mostra, realizada da man da Fundación Rosalía de Castro, estivo xa aberta no mes de abril no Pazo Provincial e agora seguirá por Pontecaldelas dende o xoves ata o 28 de maio, Ponteareas do 13 ao 25 de xuño, O Rosal do 18 de setembro ao 1 de outubro e Tomiño, do 27 de novembro ao 10 de decembro, Redondela do 2 ao 15 de outubro e Moaña, do 13 ao 26 de novembro.

A exposición pretende ser un herbario literario (non científico) que xurdiu no marco dun proxecto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, e consta de cinco seccións con 40 imaxes (8 cada unha) que falan de rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores.

Na obra de Rosalía, coma no conxunto da tradición occidental, a rosa é a “raíña das flores” e este lugar de privilexio xustifica que o herbario lle consagre unha das súas seccións máis notables. Ocupan ademais un lugar relevante as flores humildes e ventureiras, de acordo coa sensibilidade especial de Rosalía cara ao aparentemente humilde: de aí as series “herbas do campo florido” e “herbiñas do camposanto”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00