Política | Actualidad

A xestión do SAF, a necesidade dun PXOM ou un polígono industrial, temas principais no debate de Carnota

Este martes achegáronse ata Radio Nordés os catro candidatos á alcaldía de Carnota para expoñer os seus proxectos e debater sobre a situación do concello

Empezou o candidato socialista e actual alcalde, Moma Saborido, poñendo en valor o seu traballo nestes últimos catro anos, pero pronto tivo resposta por parte do resto de candidatos que coincidiron en que a maioría do programa non se levou a cabo e acusando ao rexedor ser incapaz de xestionar o concello.

Rematada esta primeira parte máis xenérica, entraron nos distintos bloques temáticos, o primeiro foi o de benestar. Tino González do PP prometeu ampliar prazas na escola infantil e da axudas por nacemento e ás vítimas de violencia de xénero, así como crear un servizo de mediación de conflitos. Pola súa banda o candidato de Compromiso por Galicia, Fede Sánchez, propuxo un plan de vivenda rebaixando o IBI e varias medidas para axudar ás persoas que viven soas, con servizo SOS ou a necesidade de formación das persoas coidadoras. Foi este tema o que xerou o momento máis acalorado do debate cun enfrontamento entre o co candidato do BNG, Moncho Noceda, e o socialista a costa da xestión do SAF. Noceda criticou con dureza o que considera privatización do servizo e Saborido explicou que só se utiliza á empresa privada para cubrir prazas nas fins de semana.

O debate continuou coa economía e o emprego, con proposta para abrir un parque empresarial, apoiar ao comercio local, creación de viveiros de empresas, cursos de formación , FP, recuperar a asociación de empresarios ou a necesidade de contar o antes posible cu PXOM.

O turismo tivo un espazo propio, Moma destacou a creación e sinalización de rutas, así como a promoción. Tino avogou por potenciar un turismo Intelixente, sostible e accesible a propuxo a creación dun museo de natureza. Moncho criticou a parede do festival Mares na Fin do Mundo, e mala promoción do concello en FITUR e insistiu na necesidade de avanzar na formación dos traballadores e para Fede o Turismo debe enfocarse na gastronomía, a cultura e os eventos, propuxo facer de Carnota a Tarifa do Noroeste aproveitando as características climáticas con vento case todo o ano.

O debate na súa totalidade xa está dispoñible na web radionordes.com e o vídeo na canle de YouTube de Radio Nordés. O vindeiro xoves debaterán os candidatos á alcaldía de Muxía.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00