Debate en Teo ante un 28M moi aberto
As candidatas de PP, Proxecto Común de Teo, PSOE e BNG expoñen as súas propostas para o rural, a mobilidade e os servizos sociais
Debate en Teo ante un 28M moi aberto
33:02
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1684253209455/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Santiago de Compostela
O concello de Teo afronta a súa cita electoral máis incerta das últimas convocatorias despois dun mandato que podemos cualificar de movido.
Tralas eleccións de 2019, Son de Teo, liderado por Rafa Sisto, encabezou un goberno bipartito co PSOE de Uxía Lemus. Pasado o ecuador do mandato o goberno rompeu por falla de confianza, segundo o alcalde. Non houbo explicacións dabondo para eses ceses, segundo o PSOE. Dende entón, un executivo local de catro edís xestiona o concello. No pleno da corporación teñen tamén representación, o Partido Popular que é a lista máis votada con 7 concelleiros e o BNG que ten 2.
No debate a catro no programa Hoy por Hoy Santiago participaron Lucía Calvo de la UZ candidata polo PP, María López, "Maló", candidata de Proxecto Común de Teo, Uxía Lemus, a máis veterana que repite nesa condición de cabeza de cartel socialista e o único candidato home, Eloi Devesa polo BNG.
Ó longo de media hora abordáronse asuntos como o coidado dun rural no que, se ben a maioria da veciñanza conta con saneamento, adoece de fibra óptica, boa cobertura móbil nalgúns puntos como Lampai, e dun mellor asfaltado da rede de pistas. PSOE e PP demandaron o impulso dun parque empresarial que pase do papel á realidade. Segundo María López, de Proxecto Común de Teo, a iniciativa debe ser pública para que os beneficios redunden no municipio.
A mobilidade foi tamén un asunto capital no debate cun transporte moi mellorable, segundo a candidata popular, Lucía Calvo de la Uz que puxo enriba da mesa o modelo de transporte metropolitano da Xunta de Galicia e un servizo de taxis a demanda. Para a candidata socialista, Uxia Lemus, o Teo Bus non funcionou como debera. Uxía reprochou á Xunta do PP o monopolio de Mombús neste campo. Dende Proxecto en Común de Teo lembraron que o goberno galego modificou servizos da licitación do transporte metropolitano sen facer unha comunicación oficial ó goberno local "nunha política de feitos consumados". Dende o BNG, Eloy Devesa apuntou "levamos moitas iniciativas sobre os problemas de transporte e a consellería non fixo nada. Sobre transporte interno asegurou que o Teo Bus non está funcionando e hai que ofrecer alternativas". A candidata de Proxecto en Común de Teo recoñeceu que hai marxe de mellora e que nese camiño está o executivo local co modelo de coche de punto.
En materia de servizos sociais, PP por un lado e PSOE, BNG e Proxecto Común de Teo por outro, abordaron a necesidade dun centro de día, pendente dende hai moitos anos no municipio, promesa electoral eterna por parte do goberno galego que non termina de chegar. Con respecto á axuda no fogar, Teo ten arredor de cen usuarios, máis dunha treintena de traballadoras, un contrato prorrogado e outro novo que se vai aprobar a curto prazo.