La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Letras Galegas 2023

Iria Misa e Manuel Esteban estarán o domingo 21 en Baiona para celebrar as Letras Galegas na praza do Concello

Os dous escritores manterán unha charla sobre o proceso creativo e sobre as súas obras

Iria Misa e Manuel Esteban estarán o domingo 21 en Baiona para celebrar as Letras Galegas na praza do Concello de Baiona.

Ademais de moita música e xogos para os nenos e nenas, todas aquelas persoas que se acheguen ao lugar poderán disfrutar dun acto con estes dous escritores, ambos manterán unha charla sobre o proceso creativo e sobre as súas obras.

Ao finalizar, entorno ás 13h00, entregarán os premios do concurso de debuxo que o Asociación Centro Cultural e Social de Baíña e o colexio de Fontes organizaron para conmemorar a eféride das Letras Galegas.

Amenizarán o acto as actuacións de Ardelume, Airiños da Fervenza, Pandereteiras da Atlántida e Samuel Soto ca súa nova canción sobre as Letras Galegas. Ademais os cativos e as cativas poderán disfrutar sin inchable dende as 11:30 ata ás 13:30.

O acto está organizado pola Asociación Centro Cultural e Social de Baíña e conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00