A Vivir GaliciaA Vivir Galicia
Ocio y cultura

Concha Losada cumpre un ano como presidenta do Museo do Pobo Galego

A profesora de psicoloxía clínica da USC é a primeira muller en ocupar a presidencia do padroado e da continuidade aos proxectos en marcha e prepara outros novos.

Santiago de Compostela

Hai un ano a profesora da USC Concha Losada era elexida presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego ao renunciar Justo Beramendi que a exerceu durante algo máis dunha década. Así, nos máis de corenta anos de historia do museo, unha muller por primeira vez asumía a dirección da entidade.

Concha Losada, nada en Ourense é doutora en medicina e profesora de psicoloxía clínica e psicobioloxía da Universidade de Santiago, viña colaborando co Museo do Pobo Galego dende finais dos anos 90 do pasado século, concretamente era a responsable do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade.

A súa foi a única candidatura e nela, como vicepresidenta, ía Mará Xosé Fernández Cerviño, ademáis de Lino Lema, Francisco J. Sanjiao, Uxío Breogán e Bieito Pérez. Lembramos que dende a súa creación foi dirixido por Xaquín Lorenzo, Antón Fraguas, Isaac Díaz Pardo e Justo Beramendi.

O museo está nun momento de enorme vitalidade, en plena expansión de superficie expositiva e novos proxectos, un dos máis destacados é a celebración do centenario do nacemento do Seminario de Estudos Galegos en colaboración con outras entidades de peso como o Consello da Cultura Galega. O museo conecta a figura dos fundadores do Seminario coas súas localidades de referencia, non esquezamos que entre estes están Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Filgueira, Antón Losada, Luis Iglesias...

Entre os obxectivos da presidenta do Museo do Pobo Galego , Concha Losada, está ampliar o número de soci@s e voluntari@s e implicar a cada un dos concellos galegos coa institución museística. Unha institución privada sen ánimo de lucro que nos pertence a todas e todos, pero que precisa máis recursos económicos e humanos, "por moito que teña un persoal entregado, que no entende de horarios, non se pode dar resposta ás necesidades presentes e aos novos retos sobrecargando a empregad@s e voluntari@s" Concha Losada.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00