Política | Actualidad

O terreo para o centro de saúde protagoniza o debate de Fisterra

Os candidatos á alcaldía de Fisterra iniciaron esta última semana de debates de Radio Nordés Cadena SER

O inicio foi tranquilo e os 4 candidatos expuxeron parte das liñas estratéxicas dos seus programas e fixeron balance dos últimos 4 anos do goberno de coalición.

Reiniciouse o debate falando de benestar, foi aquí onde houbo máis discrepancias entre os participantes. O candidato do BNG , Kuka Sar, preguntoulle ao do PP, Luís Insua, se consideraba que a atención sanitaria era boa no concello, culpando á Xunta de esquecerse de Fisterra ao non cubrir a praza de pediatría e manter o centro de saúde cun só médico boa parte do ano.

Tanto PP como Alternativa dos Veciños criticaron a parcela escollida para a construción do centro de saúde, Áurea Domínguez preguntoulle ao alcalde porque non se aproveitou a modificación do PXOM para habilitar outros terreos que considera máis axeitados para este uso.

No ámbito económico o alcalde culpou á Xunta de non asumir gastos que lle correspondían durante a pandemia e destacou algunhas das obras feitas ao longo destes anos logrando aforrar na factura da luz e mellorando o saneamento. O candidato do PP criticou a falta de mantemento das vías nos accesos ás parroquias e propuxo varias actuacións. Kuka Sar, BNG falou da necesidade de defender a pesca, destacando actividades tan importantes na vila como o marisqueo en apnea que está en perigo de desaparición. Pola súa banda Áurea Domínguez propuxo mellorar para o sector forestal ou marisqueiro e criticou o estado no que están as rúas fisterrrás.

O turismo tivo un apartado propio, tódolos grupos coincidiron na necesidade de seguir mellorando servizos e promoción. No PP, o seu candidato, Luís Insua criticou a falta de promoción feita dende o concello, Kuka Sar, BNG, defendeu as actuacións no mercado Municipal e recordou que se debe seguir mellorando o edificio do faro. Dende A.V. Domínguez propuxo un plan para ser un destino de calidade apostando pola formación do persoal e Marcote, PSOE, destacou as iniciativas comarcais nas que participa o concello para atraer máis visitantes.

Xa fora do tempo de debate os catro candidatos deixaron claras a liñas vermellas se foxe preciso pactar. Aínda que tódolos candidatos aseguraron ir a pola alcaldía de xeito directo, en AV adiantaron que non lle darán a alcaldía a ningún outro partido, pola contra o BNG amosouse aberto aos pactos, o PP está convencido de que precisará a maioría para poder gobernar e o PSOE só pactaría co BNG, descartando posibles acordos co resto de formacións.

Este debate, como o resto dos realizados a pasada semana xa se pode ver na canle de YouTube de Radio Nordés ou escoitar en radionordes.com

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00