Política

Goretti Sanmartín: "Canto máis BNG houbo en Santiago, mellor lle foi á cidade"

A candidata do BNG defende que moita xente votará en clave local pero tamén galega, para facer a Ana Pontón presidenta da Xunta

Goretti Sanmartín: "Canto máis BNG houbo en Santiago, mellor lle foi á cidade"

Goretti Sanmartín: "Canto máis BNG houbo en Santiago, mellor lle foi á cidade"

14:48

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1684851162640/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

A candidata nacionalista móstrase segura de que o BNG acadará un resultado histórico o 28M. "Hai moita xente que nos ve na alcaldía, é o noso momento e vai ser un momento histórico para o BNG", apunta nunha entrevista no Hoy por Hoy Santiago. Pasado o ecuador da campaña ten a sensación de que o Bloque vai a máis cada día e que os indecisos serán moi importantes este domingo. "Ós indecisos lánzolles a mensaxe de que a xente non ten que conformarse, non teñen que gobernar os de sempre e ser todo igual", nese terreo do inesperado o BNG aspira a lograr un resultado suficiente "para que Santiago deixe de ir a menos".

Sanmartín defende o seu modelo de cidade, o modelo de concello do BNG. Propón unha transformación urbana grande para que os barrios non acaben fragmentados, un tráfico calmado, un Santiago accesible para todos e todas. Propón como retos recuperar o comercio, fixar poboación na cidade histórica, poñer en marcha uns servizos básicos eficientes, recollida de lixo e limpeza, tamén saneamento e abastecemento en todos os puntos, e un transporte urbano eficaz. Na súa opinión, "non está á altura da capital de Galicia que non teñamos transporte nocturno ou que os autobuses non conten con rampas para que podan acceder a eles as persoas con problemas de mobilidade"

Recoñece que a xente nova está máis desmovilizada pero confía en que finalmente "aposten polo cambio en chave transformadora do BNG". Nese contexto fai un chamamento a todas as persoas que nas eleccións autonómicas apostaron por Ana Pontón. "Se collemos ó último resultado das eleccións galegas en Santiago, nós, superamos o partido socialista, tivemos un resultado magnífico, tivemos máis de 14.000 persoas, veciñas e veciños que optaron pola papeleta do BNG e con ese resultado hoxe teríamos a alcaldía", explica Goretti Sanmartín facendo fincapé no feito de que son a única forza da esquerda que sube".

Con respecto á participación, moi intensa, da líder do BNG, Ana Pontón, na campaña local de Santiago, Goretti Sanmartín defende que moita xente votará tamén en clave galega na convocatoria do domingo. "Nós presentámonos cunha proposta local, para que non haxa diferencias entre os veciños do ensanche e do rural, para mellorar a calidade de vida da veciñanza pero tamén pensamos que é un plus contribuir a reforzar ó BNG nas eleccións autonómicas".

A candidata nacionalista asegura que "canto máis BNG houbo en Santiago, mellor lle foi á cidade. O BNG cogobernou durante anos e a xente ten boas lembranzas do traballo que fixeron concelleiros e concelleiras históricas do BNG como Néstor Rego, Elvira Cienfuegos ou Alba Pedreira. Agora pedimos a oportunidade de gobernar dende a alcaldía para demostrar que o podemos facer mellor". Tamén desbota o concepto de tripartito Frankenstein do que fala o Partido Popular de Santiago en boca do seu portavoz municipal, José Antonio Constenla. Na súa opinión, "todo o mundo sabe que o tripartito Frankenstein foi o dos tres alcaldes do PP, cunha maioría absoluta que foi o peor goberno para Santiago de Compostela".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
  •