María Lameiras: "Animo a ler o discurso completo de Clara Campoamor"
A profesora catedrática da Facultade de Educación do Campus de Ourense axúdanos
La Ventana de Ourense (15/05/2023)
Ourense
Comezamos o especial eleccións municipais en La Ventana de Ourense. Neste caso revisamos a historia do sufraxio feminino. Facémolo coa axuda da profesora catedrática da Facultade de Educación do Campus de Ourense, quen nos anima a "ler o discurso completo de Clara Campoamor". Foi no 1931, cando reclamou naquelas palabras o voto para as mulleres.
Ademais, falamos co doutor e profesor en Ciencias Políticas Diego Mo, quen nos axuda a entender o noso sistema electoral. Nesta liña, falamos coa mestra en filosofía Patricia Coucheiro para entender de que xeito a filosofía e a política teñen moito que ver.