Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Perfil de Jorge Suárez | O candidato que soña co ascenso do Racing

O candidato de FeC á Alcaldía de Ferrol responde a un test de dez preguntas para coñecer mellor as súas inquietudes e gustos

Jorge Suárez, candidato de FeC á Alcaldía de Ferrol (foto: Ferrol en Común)

Jorge Suárez, candidato de FeC á Alcaldía de Ferrol (foto: Ferrol en Común)

Ferrol

Nunha comida de domingo con Ana e os seus fillos atopa a felicidade Jorge Suárez, candidato de Ferrol en Común á Alcaldía de Ferrol. Defínese como tímido, familiar e vacilón, mentres a súa familia e as amizades consideran que é unha persoa tranquila e cun humor especial. Ou iso é o que din á cara, por detrás, di Suárez, non sabe que dirán del.

O que máis lle gusta de Ferrol é a mocidade ferrolá, a súa enerxía e empuxe, o seu amor pola cidade. E o que lle falta á cidade, segundo o candidato de Ferrol en Común, é un Racing de segunda. Algo que espera que se subsane este mesmo sábado.

No apartado cultural, se ten que elixir unha película escolle Pulp Fiction; como serie: Endeavour; un libro Catedral de Carver e unha canción Here comes your man do grupo The Pixies. Unha escolla que ben podería ser outra porque asegura que a selección depende do estado de ánimo.

Non sabemos se ten o visto bo de Suso Basterrechea, pero se Jorge Suárez tivera un orzamento ilimitado traería ás Festas de Verán de Ferrol a Red Hot Chili Peppers. De Penencia a Monteventoso, aí está o lugar preferido do candidato dentro de Ferrol. E fora da cidade, quédase con Vigo.

A paixón pola pertenza a unha clase que quere un mundo mellor e máis xusto é que move a Jorge Suárez. Pola contra, o que lle rouba a felicidade é a impotencia polo sufrimento humano evitable. Para recargar pilas e reconectar con ese momento reconfortante, sempre pode volver ás lembranzas dos veráns da infancia na Faísca, na casa dos seus avós, todo o día facendo o Mowgli.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir