A politóloga Berta Barbet e o filósofo Daniel Innerarity asómanse a La Ventana de Ourense
Continúa a programación especial eleccións municipais, Desta volta falamos de literatura e política co xornalista Sergio Pascual
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
La Ventana de Ourense (22/05/2023)
Ourense
Radio Ourense Cadena SER está a dedicar as súas tardes, en La Ventana de Ourense, á política. Ademais dos debates relativos a distintos municipios da provincia, a radio ábrese para xerar espazo de reflexión. Neste caso, ollamos a política dende a filosofía e a literatura.
Coa axuda do xornalista Sergio Pascual viaxamos por distintas literaturas que nos levan a pensar a política doutros xeitos. Ademais, falamos con Berta Barbet, que ten vencellos familiares na Baixa Limia, do libro "No me hables de política". Tamén reflexionamos da man de Daniel Innerarity arredor do seu libro "La libertad democrática".




