Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Política | Actualidad

Os candidatos de Carballo debaten sobre a ampliación do centro de saúde, o polígono, a circunvalación ou urbanismo

Os tres candidatos das formacións con representación no concello debateron en Radio Nordés este mércores

Un dos momentos máis intensos foi o protagonizado polos candidatos do BNG e PP a conta do proxecto de ampliación do centro de saúde. Rubén Lorenzo preguntou porque o concello aínda non remitiu a documentación sobre os terreos á Xunta e o alcalde, Evencio Ferrero, recordou que foi a consellería a que rexeitou o proxecto inicial para construír outro centro de saúde optando por unha vía máis lenta. Neste punto a candidata socialista, Mari Carmen Vila insistiu na necesidade de que as administracións se entendan para este tipo de accións.

Sobre economía e emprego houbo discrepancias sobre a evolución do paro e as iniciativas de apoio ás empresas, con cruce de acusacións pola situación do polígono, os retrasos na construción da circunvalación ou o anunciou dunha remodelación na praza do Concello feita pola candidata socialista. Outro asunto que ocupou unha boa parte de tempo foi o do mantemento de barrios e parroquias ou a xestión urbanística, con críticas por falta de aparcamento e a situación do tráfico no casco urbano.

Os tres candidatos expuxeron tamén as súas propostas en cuestión turística e cultural.

O debate xa se pode ver ou escoitar na web radionordes.com. mañá xoves será a quenda para o debate dos candidatos ao concello de Corcubión e o venres Ponteceso. O domingo haberá programación especial eleccións a partir das 20.30 con mesa de análise e correspondentes nos 17 concellos da Costa da Morte.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00