Política

Borja Verea: "Votar a calquera das outras forzas políticas é unha tómbola"

O candidato do PP dirixe a súa mensaxe ós votantes de Bugallo que están decepcionados co goberno local

Borja Verea: "Pido respecto para a miña proposta do paseo de Galicia"

Borja Verea: "Pido respecto para a miña proposta do paseo de Galicia"

15:24

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1685017160480/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Santiago de Compostela

Borja Verea cre que pode acadar esa maioría absoluta que lle permita gobernar os próximos catro anos no pazo de Raxoi. "Son o único candidato claro, transparente e sincero que dixo que vai facer a partires do 28M; votar a calquera das outras forzas políticas é unha tómbola porque non se sabe nin quen vai ser o alcalde". Calcula que hai moita xente que aínda non decidiu o seu voto, "sei que para acadar a maioría non chegan cos votos do PP", por iso, na entrevista no programa Hoy por Hoy Santiago lanzou a súa mensaxe ós cidadáns que hai catro anos apostaron por Xosé Sánchez Bugallo e agora están decepcionados coa súa xestión. "Eu diríxome directamente ós votantes do partido socialista de hai catro anos para pedirlles que confíen en min, que me dean esa gran maioría, teño un proxecto de cidade transversal, que quere levar a Compostela ó século XXI e a iso vou dedicar todas as horas do día, sete días á semana".

Promete Borja Verea ser belixerante co resto das administracións na defensa dos intereses de Santiago. En canto á cantidade que recibe a cidade á conta do estatuto de capitalidade "pido que se actualicen os estudos nos que se basean as cifras actuais". En canto a taxa turística, "xa estou a pelexar por ela, o presidente Alfonso Rueda mostrouse disposto a estudala e eu vou defendela".

Se finalmente non consegue a maioría absoluta, na súa opinión gobernará Santiago unha "alianza de perdedores" que non é o que a cidade necesita porque fai falla un goberno sólido, de futuro e con ambición". O candidato do PSOE, Sánchez Bugallo, que lideraría esa coalición, non é o mellor para Compostela, na opinión de Verea.

Con respecto a súa proposta estrela da campaña, o paseo de Galicia, "o meu proxecto máis ambicioso", defende que o túnel baixo Virxe da Cerca, é posible técnicamente e viable económicamente. "Pido respecto para a miña proposta".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00