Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Xosé Sánchez Bugallo: "Nunca admitiría ningún tipo de veto"

O candidato socialista apela ó voto útil e argumenta que votar ó PP ten unha utilidade limitada porque quedará na oposición

Xosé Sánchez Bugallo: "Nunca admitiría ningún tipo de veto"

Xosé Sánchez Bugallo: "Nunca admitiría ningún tipo de veto"

00:00:0012:38
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Santiago de Compostela

Xosé Sánchez Bugallo considera que o sentido común é un factor fundamental na política e na vida. "Eu son sensato e centrado", afirma, "centrado no servizo ós cidadáns e buscando sempre o maior nivel de consenso con solucións racionais e sostibles", por iso, asegura que "o voto do sentido común está mellor representado na candidatura que eu encabezo".

O candidato socialista apela ós votantes indecisos para que concentren o voto nas siglas do PSOE. O seu obxectivo é ser a lista máis votada este domingo e poder conformar un goberno en solitario. "Se teño maioría suficiente, gobernarei en solitario, se non, buscarei os acordos políticos necesarios", afirma aclarando que non quere anticipar máis porque a resposta final está "en mans dos cidadáns".

No que se mostra absolutamente inamovible é no seu rexeitamento a facerse a un lado despois do 28M. "Eu síntome con forzas para estar catro anos e a iso me comprometo, e a iso veño". Non pasa pola súa cabeza deixar o pazo de Raxoi para facilitar un goberno de progreso, "a unidade de medida nas eleccións é o voto, o veto é unha parvada e un retroceso", responde, "nunca admitiría ningún tipo de veto".

No final da campaña, Bugallo amósase convencido de que o candidato do PP Borja Verea quedará moi lonxe da maioría absoluta polo que apela ó voto útil e argumenta que votar ó PP ten unha utilidade limitada porque "quedará na oposición".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir