Política | Actualidad

Investigan un posible fraude electoral en Muxía

A Xunta Electoral detectou 22 votos por correo sospeitosos

A Garda Civil investiga un posible fraude electoral en Muxía logo de que a Xunta Electoral detectase 22 votos por correo sospeitosos. Todos eles terían como dirección a propia oficina de Correos de Muxía e non estaría acreditado que se presentase o DNI ao facer entrega do voto. A investigación céntrase en saber se as persoas que aparecen como solicitantes fixérono realmente, ao longo do día de hoxe axentes da Garda Civil visitaron a estas persoas para confirmalo.

A noticia xerou unha enorme alarma na xornada de reflexión nunha localidade que leva catro anos de lexislatura moi complicados e con polémica constante.

Segundo varias fontes o fraude podería afectar a un maior número de votos.

Dende os distintos partidos amósanse preocupados ante esta posible irregularidade, no PP solicitarán que se faga unha revisión especial do voto por correo, os Independentes e o BNG estudan solicitar que non se destrúa a documentación do voto por correo por se pode aportar probas na investigación. Dende o PSOE amósanse tamén favorables a que se investigue e esperan ás conclusión da Xunta electoral.

A reunión será Xunta electoral será mañá ás 10 da mañá , dúas horas máis tarde de que abran as mesas electorais, en caso de confirmase o fraude, podería darse o caso de que algún veciño acuda a votar e non poda facelo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00