Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Política | Actualidad

PP e BNG suman apoios na bisbarra, retrocede o PSOE

Populares e nacionalistas aumentan votos respecto a 2019. Vimianzo e Cee frean a caída socialista

O balance no PP, BNG e PSOE é desigual / Nacho Gallego (EFE)

Costa da Morte

O Partido Popular e o Bloque Nacionalista Galego aumentaron o seu apoio nas urnas respecto á cita de 2019. A participación baixou na Costa da Morte respecto a hai catro anos, o que motivou que en moitos concellos houbese formacións que aumentasen a súa representación pese a ter menos votantes que nos últimos comicios.

Partido Popular

Os conservadores achegaron ás urnas a 674 votantes máis en comparación a 2019. O PP aproveitou a desparición de siglas coma TEGA en concellos como Carballo ou Coristanco para aumentar o seu respaldo neses concellos. En Carballo insuficiente para facer sombra a Evencio Ferrero e en Coristanco para conseguir unha maioría absoluta abrumadora. En Fisterra os populares mantiveron o tipo ante a baixada dos seus competidores e sumaron 132 sufraxios. En Cee o partido aumentou os seus votos (324) nunha dinámica insfuficiente ante a maioría absoluta socialista. Algo similar ao sucedido en Mazaricos, onde José Manuel Caamaño estreouse como candidato reunindo 137 votos máis que non evitaron a maioría absoluta do BNG. En Ponteceso o aumento foi de 80 votos.

O contexto xeralizado de baixada de participación semella estar detrás dunha curiosa dinámica: en numerosos concellos a baixada de votos non provocou a perda de concelleiros, senón que nalgúns casos sucedeu todo o contrario. En A Laracha (-287 votos) os populares sumaron un concelleiro máis. O PP consiguiu cómodamente algunhas alcaldías nas que perdeu votos. Son os casos de Cabana (-152), Laxe (-203) e posiblemente o de Malpica (-261).

O balance para o Partido Popular é de 2.462 novos votantes polos 1.788 perdidos. A cita de 2023 deixa 76 concelleiros en mans dos conservadores, oito máis respecto a 2019.

Bloque Nacionalista Galego

Os nacionalistas aumentan en 1.500 os votos acadados hai catro anos. O resultado permite ao BNG engadir 11 edís máis que o conquistados nas últimas municipais. Con 54 concelleiros quedan a tan só un do PSOE.

O aumento de votos serviulle ao Bloque para reconquistar a alcaldía de Corcubión dobrando (+210) os sufraxios obtidos nas últimas eleccións. A tendencia á alza mellorou notablemente a presenza dos nacionalistas en A Laracha (+285), Cabana (+689), Dumbría (+323), Laxe (+323) e Vimianzo (+697). Máis modestos foron os incrementos en Camariñas (+68), Coristanco (+63) ou Ponteceso (+58).

Os puntos negros do BNG estiveron na derrota encaixada en Carnota, con 106 votos menos que en 2019, e en Fisterra onde esvaeronse 242 papeletas. Os batións nacionalistas tiveron un comportamento desigual. En Carballo baixaron os votos (-184) pero aumentaron un concelleiro. En Mazaricos e Zas o Bloque restou 239 e 307 votos respectivamente, perdendo un edil que non fixo perigar as maiorías absolutas.

Partido Socialista Obrero Español

O damnificado da xornada foi un PSOE que perdeu 1848 votos, oito concelleiros (teñen 55) e entre 3 e 4 alcaldías. Os socialistas só medraron en apoio en 5 concellos. Os rotundos triunfos de Mónica Rodríguez en Vimianzo e Margot Lamela en Cee evitaron unha ferida máis profunda. Na capital de Soneira, Mónica Rodríguez acadou o apoio de 1267 veciños máis e en Cee Margot Lamela reuniu 847 papeletas máis. A eles úneselle o triunfo de "Moma" en Carnota con 130 novos apoios e unha maioría absoluta. Os socialistas acadaron o premio gordo da absoluta en Cee, Vimianzo, Dumbría, Camariñas e Carnota. As boas novas completounas Sheila Rial en Zas, dando de novo presenza ao PSOE na corporación municiapl cunha estrea na que conseguiu 401 votos.

No outro lado da balanza están as alcaldías que poden perder os socialistas. En Corcubión caeu o apoio en 114 votos, en Ponteceso en 900, en Muxía en 352 e en Fisterra en 429, gobernos todos eles de difícil reedición.

Os reveses non acaban aí, xa que os descensos da base electoral fan case desaparecer ao PSOE en concellos coma Cabana (-184), Laxe (-424) e Mazaricos (-296). O retroceso tamén se acentuou en A Laracha (-453), Carballo (-735) e Malpica (-158).

Ao igual que sucede no PP e no BNG, algúns dos bastións clásicos socialistas aucsaron un descesno sen consecuencias de cara ás investiduras. En Camariñas baixan as papeletas (-278) pero manteñen os 8 edís e en Dumbría perden dous concelleiros e 336 votos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00