De Vacas: "Botar por fóra e rirnos é o que máis nos move"
Volven cun novo espectáculo, o "Rebovina Divas Live" que estrean na casa, na Sala Capitol este xoves.

De Vacas estrean este xoves o seu novo espectáculo na sala Capitol
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
De Vacas son A Marela, A Pinta, A Morena e a Rubia; tamén Inés, Faia, Paula e Guillerme que este xoves presentan en Compostela o seu novo espectáculo. Vai ser na Sala Capitol.
O "Rebovina Divas Live" recolle temas transformados de Whitney Houston, Céline Dion, Mónica Naranjo (Mónica da laranxeira) Rihanna ou Shakira. "Facemos versións de cancións que nos marcaron dalgún xeito, na nosa infancia e adolescencia", explican, "a esas cancións dámoslles unha volta a tres voces e cunha guitarra". Un dos seus principais atractivos son as letras, "botar por fóra e rirnos é o que máis nos move", tamén "non deixamos títere con cabeza".
No seu paso polo Hoy por Hoy Santiago contaron que lle dan moitas voltas ás letras buscando tamén provocar, divertir e que a xente pase un moi bo rato, "normalmente felicítannos".




