Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Mestre Mateo

A Guarda formará parte dos 23 concellos galegos que conforman o Ciclo Mestre Mateo 2023

O Ciclo presentará nas localidades escollidas as proxeccións das longametraxes finalistas na edición 2023 dos premios ao cinema galego

No mes de xuño comeza na Guarda o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que conta coa colaboración das catro deputacións provinciais, para poder amosar o mais novidoso e relevante do noso cinema nas vilas de Galicia.

Esta proposta, que tivo a súa primeira edición o pasado ano 2022, suma neste 2023 novas localidades entre as que se atopa a vila da Guarda. O ciclo conleva a proxección de 8 filmes, de ficción, documental e animación que se proxectarán entre os meses de xuño e novembro.

O ciclo comezará no mes de xuño coa proxección de dúas longametraxes de ficción: o 8 de xuño con Código Emperador, filme de acción dirixido por Jorge Coira estreado no XXIV Festival de Málaga, onde tamén tivo a súa estrea a longametraxe Live is life (Dani de la Torre, 2022); que poderá verse na Guarda o 29 de xuño.

Durante o verán o ciclo fará unha pausa para retomarse no mes de outubro, cando poderemos ver a gran gañadora da edición 2023: O Corpo Aberto, que se fixo con 12 galardóns na presente edición dos premios Mestre Mateo 2023. Outros filmes que teremos a oportunidade de ver nos meses de outubro son: o documental María Casares, a muller que viviu mil vidas, e Unicorn Wars recoñecidas respectivamente como Mellor documental e Mellor longametraxe de animación. O filme de animación Valentina, que foi gañadora no 2022 do Goya á mellor longametraxe de animación, así como os documentais A foreign song (César Souto, 2022) gañadora dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón; e Onde máis doe (Manane Rodríguez, 2022) estreada no OUFF – Ourense Film Festival. 

Na web ciclomestremateo.gal pódese consultar toda a información do ciclo, así como as fichas das películas e a axenda de proxeccións, que reproducimos a continuación:

8 XUÑO, CÓDIGO EMPERADOR ás 21:00h.

29 XUÑO, LIVE IS LIFE ás 21:00h.

7 OUTUBRO, VALENTINA ás 18:00h.

11 OUTUBRO, O CORPO ABERTO ás 21:00h.

26 OUTUBRO, A FOREIGN SON ás 20:30h.

10 NOVEMBRO, UNICORN WARS ás 20:30h.

16 NOVEMBRO, ONDE MAIS DOE ás 20:30h.

30 NOVEMBRO, MARÍA CASARES A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS, ás 20:30h.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00