Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Falece Bautista Santos, exalcalde de Camariñas

Presidiu o consistorio durante 24 anos. Será soterrado mañán en Xaviña

Camariñas

Esta pasada madrugada faleceu Bautista Santos, exalcalde de Camariñas aos 80 anos de idade. O político camariñán foi un referente na vida dun concello que encabezou dende 1983 ata 2007. O seu pasamento causou fondo pesar na súa vila e en especial na parroquia de Xaviña, onde será despedido mañán.

Bautista Santos foi un protagonista central no progreso da vila. Irrurmpiu na política formando parte das listas do PSOE no ano 1979. Catro anos máis tarde sería o cabeza de cartel dun PSOE que arrebatou a alcaldía á UCD de Jesús Ramos, vencendo por maioría absoluta. Foron unhas eleccións convulsas, debéndose repetir os comicios nas mesas de Camariñas e Xaviña no mes de novembro, unha repetición que afortalou a victoria socialista. En cinco ocasións conseguiu a maioría absoluta (1983, 1987,1991, 1995 e 2003) e nunha ocasión gobernou co apoio do BNG (1999). A súa figura foi clave para convertir a vila camariñá no bastión socialista que é a día de hoxe. En 2007 botouse a un lado e cedeu o primeiro posto da lista a Manuel Valeriano Alonso (Pichurri). Nos comicios do pasado domingo Bautista Santos pechou a candidatura dos socialistas camariáns.

O concello de Camariñas suspendeu as actividades desta fin de semana en sinal de respeto ao exalcalde.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir