Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Sociedad

Os Premios Fouciño e a última función do FIOT protagonistas dunha fin de semana chea de actividades terroríficas

A oferta de ocio da ponte de defuntos complétase cunha nova edición das Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

  • PREMIOS FOUCIÑO

Costa da Morte

O venres ás 20h retomarase a actividade con outra sesión de curtametraxes: Augas abisais (Xacio Baño), 30 70’ 60 120’ (Marta Valverde), Noitevella 1999 (Uxía Gayoso) e O niño dos paxaros (Lucía Estévez). Ao finalizar haberá noite de regueifas con filloas, chocolate e queimada.

O sábado 2 a xornada empeza ás 12h. coa estrea de Carracedo e sesión vermut con Dj Tristón. Ás 18h. proxección das curtas finalistas da categoría escolar e da xeral. Pola noite haberá concertos e entrega de premios na Praza Jorge Mira. A partir das 21:30h actuarán Caamaño & Ameixeiras, Pantis, Copa Turbo e Afundín Jamallo.

  • FIOT

Última función do Festival Outono de Teatro en Carballo, o xoves ás 21h. poderá verse Vania x Vania (versión 1) de Pablo Remón e con Javier Camara entre os protagonistas.

  • PREESTREA DOCUMENTAL

Dúas oportunidades para ver a preestrea da Película documental Vidas Irrenovables, naturaleza o miseria. O domingo 3 ás 16h. na Casa da Cultura de Vimianzo e ás 20h. no Casino de Carballo.

  • XORNADAS MICOLÓXICAS

As Xornadas micolóxicas da Costa da Morte chegan en Cee á súa edición número 23 esta fin de semana, o sábado 2 ás 17h. charla de José María Costa "Cogumelos de interese etnomicolóxico" e o domingo 3 ás 17.30h. José Manuel Castro Marcote dará unha charla con título "A voltas coa nova guía de cogomelos de Galicia". Haberá tamén exposición de cogomelos e degustación de petiscos en varios locais da localidade.

  • CICLO MESTRE MATEO DE CINEMA GALEGO

Xoves 31 na Casa da Cultura de Vimianzo ás 20h. proxección das curtas Antes de que se poña o sol, Nena, O coidado, O neno, Sardiña e Ulises.

Sábado 2 en Paiosaco proxección do filme A viaxe de Lucy a partir das 22h.

  • CEE - O sábado ás 19h. poderá verse o espectáculo de maxia do Mago Teto, Rock & Magic. Na Casa da Cultura.
  • MUXÍA - Xoves 31. Procesión da Santa Compaña a partir das 20h. Saída dende a Biblioteca. Recomendase levar unha saba branca, candeas, lámpadas, lanternas, etc.
  • MUXÍA - Sábado 2, Amorodio Teatro presetna Cortello de Amor, no Salón do Voluntariado a partir das 20 h.
  • VIMIANZO - Sábado 3. Butaca Cero trae á capital de Soneira o seu exitoso espectáculo Iribarne, será na Casa da Cultura a ás 20.30h.
  • CORME - Andaina nocturna por Corme "Os habitantes da Noite" con saída ás 21.30 h. da fonte do Campo.
  • CORME - Presentación do libro Corpos no Mar de Héctor Pose no MACCMO a partir das 18h. Coa participación de Xurxo Souto.
  • MALPICA - Ventes 1, Malasombra teatro presenta o seu espectáculo Testosterona apartir das 20.30h. no Auditorio do Centro Cívico.