A Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra contará con Bob Pop para presentar a súa serie, Maricón Perdido
AMBIENTa chega a súa terceira edición cunha programación que medra e amplía a súa oferta audiovisual a través das series e os videoclips O ciclo, promovido polo Concello de Pontevedra, será desenvolvido na Praza da Pedreira entre os días 12 e 16 de xuño


Xa se coñece o programa de Ambienta. Presentouno esta mañá a concelleira de Festas en funcións, Carme da Silva e terá lugar na Praza da Pedreira, entre os días 12 e 16 de este mes de xuño.
Entre as novidades está unha nova sección, AMBIENTa Estrea, froito da colaboración co cineclube Pontevedra, que proxectará a obra Anhell69, de Theo Montoya, que recibiu o premio á mellor película latinoamericana no Festival de Mar de Plata.
Outra novidade será AMBIENTa Serie: o mércores 14 de xuño, Bob Pop, referente dentro da comunidade LGBTIQA+ presentará Maricón Perdido, para logo ser proxectado o primeiro episodio. Seguindo coas novidades, tamén se incluirá este ano a proxección dun videoclip da man do cantareiro e bailador Mondra, actuando, baixo o nome Aghrúuu.
O programa oficial sería completado coa proxección de Blue Jean, o luns 12 de xuño; de Flee, o xoves 15 de xuño; para rematar o venres, 16 de Xuño, coa festa de clausura e unha selección de curtametraxes.
Todo programa está en ambienta.gal

Ramón Mella
(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...




