Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Última hora Detenida la exmilitante socialista Leire Díez por orden de la Audiencia Nacional

Varios edís non tomarán posesión nesta lexislatura

Sucédense as dimisións en varios concellos. PSOE de Fisterra e BNG de Cee, protagonizan as últimas renuncias

Papeletas das candidaturas nas pasadas eleccións locais / Europa Press

Papeletas das candidaturas nas pasadas eleccións locais

Costa da Morte

Os resultados do 28M continúan provocando reaccións. Á espera de comprobar como se conforman as maiorías en concellos coma Fisterra, Muxía ou Ponteceso, as dimisións sucédense especialmente naquelas formacións que non obtiveron os resultados agardados. As últimas renuncias afectan ao PSOE de Fisterra e ao BNG de Cee.

En Fisterra vén de presentar a súa renuncia unha histórica dos socialistas, Soledad Vilela Romero "Solita". O seu posto na corporación vai ser ocupado por Alexandre Domínguez Lado. Éste podería non ser o único movemento dos socialistas fisterráns xa que o alcalde en funcións, Pepe Marcote, reiterou a súa intención de non ser un impedimento para a investidura da candidata de AV Áurea Domínguez. Marcote xa amosou á agrupación local o seu desexo de botarse a un lado pero os seus compañeiros impediron a súa marcha.

Tamén hai movementos na vila de Cee, onde o número 2 do BNG César Pérez tampouco tomará posesión da súa acta. Os nacionalistas, pese a manter as súas dúas actas, pasaron dos 685 aos 608 votos. A estratexia de aliñación cos partidos da dereita da corporación pasou factura nas urnas. Logo da marcha de Pérez, o grupo do BNG estará formado polo cabeza de lista Serxio Domínguez e Montserrat Canosa, número 3 nas pasadas eleccións.

Noutros concellos xa se teñen producido renuncias como no caso de Corcubión, onde os dous concelleiros elexidos polo PSOE, Lalo Insua e Manola Fernández, xa formalizaron a súa marcha. José Antonio Louro e Jorge Domínguez ocuparán os seu lugar nas sesións plenarias.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir