Chamamento para aumentar as reservas de sangue dos grupos A+, 0+ e O-
Galicia precisa entre 400 e 500 doazóns diarias para que os hospitais poidan desenvolver con normalidade a súa labor asistencial
Entrevista a José María Vázquez, xefe da sección de Doazóns e xestión de colectas de Galicia
Vigo
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A +, 0 + e 0 -. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.
Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial, xa que en moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, como sucede nos meses de verán, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seusderivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán Vigo nestes días: Rúa Príncipe (venres 9) e Iglesia de Jesucristo de los Santos de los Últimos Días (sábado 10). Ademáis pódese acudir a sede na cidade olívica, situada no hospital Nicolás Peña (luns a venres das 8:00 ás 22:00 horas e sábados de 8:00 a 15:00 h.)
Doar, algo moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuito para resolver calquera dúbida: 900 100 828.